jueves, 29 de noviembre de 2012

A MORTE NA ANTIGÜIDADE

Seguinte tarefa para os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato: 
A concepción da morte na cultura clásica.               
Escollede unha das seguintes opcións:
A) GRECIA

1. Explicación mitolóxica da morte:
a. Explica a procedencia de Hades elaborando unha árbore xenealóxica dos deuses do Olimpo.
b. Conta como chegou a ser o deus dos infernos e como é descrito pola mitoloxía.
c. Conta cal era a súa relación con Perséfone, narrando brevemente o mito.
d. Xeografía de Hades ou reino dos mortos, explica como se estruturaba, cales eran os seus ríos e que papel xogaban, cales eran os camiños que debían tomarse unha vez que eran xulgados, etc.
e. Explica que papel teñen as Moiras na morte.
f. Quen era Tánatos?
2. A morte en Grecia.
a. Reflicte a importancia que tiña para os gregos a morte, para iso deberás explicar os ritos que se seguían antes despois e durante o enterro.
b. Conta brevemente como vivían os gregos a concepción do alén.
c. Explica o papel das necrópoles, nas cidades gregas da antigüidade, para iso deberás contar que lugares ocupaban dentro da cidade así como, indicar como era a arte funeraria.
d. Mostra algúns obxectos que se utilizaban na vida cotiá grega, como poden ser as vasillas, onde apareza representado o mundo dos mortos.

B) ROMA


1. Explicación mitolóxica da morte:
a. Analiza a figura de Dis Pater/Plutón comparándoo co seu homólogo grego.

2. A morte en Roma:
a. Analiza como vivían os romanos a morte: crenzas en torno á morte e o alén.
b. Que tipos de monumentos funerarios había en Roma?
c. Explica a ritualidade romana: fundamentos e manifestacións. O proceso ritual antes, durante e tras o enterro. Inhumación e cremación.
d. Que inscricións funerarias se coñecen? Distíngueas en función da súa finalidade e do lugar para o que estaban destinadas.
e. Describe a arte funeraria. A decoración e a súa simboloxía.
f. Explica os tipos de tumbas que existían na antiga Roma.
g. Fala das diferenzas sociais en relación á morte.

A traballar!

viernes, 23 de noviembre de 2012

Safo de Lesbos

Alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato, 
Velaquí tedes os pasos para o seguinte traballo:

1. Tedes que buscar información sobre a poetisa grega Safo de Lesbos e pegar esta información nun novo documento de google docs. 

2. A continuación buscaredes o poema de Safo Himno a Afrodita, en grego, e escribirédelo no mesmo documento. Empregade para iso esta ligazón, onde poderedes teclear en caracteres gregos de xeito moi doado, directamente na rede. Copiade, polo menos, un pedaciño do texto para familiarizarvos cos caracteres gregos.

3. Finalmente, debedes buscar unha tradución deste mesmo poema e pegala no documento.

Tamén debedes engadir algunha imaxe que ilustre a información. A traballar!

viernes, 9 de noviembre de 2012

FACEBOOK




XA TEMOS PÁXINA EN FACEBOOK!!!
Iremos engadindo, pouco a pouco, información de interese relacionada co mundo clásico.

BOTÁDELLE aquí UN OLLO e dádelle ao "Gústame".


OUTRA DE DECLINACIÓNS LATINAS